En marcha o proceso de elección de representantes do movemento asociativo no Consello Deportivo Municipal
56 entidades compoñen o censo electoral, que está en exposición pública
Venres 22 de decembro do 2023
O Concello de Carballo vén de convocar para o 18 de xaneiro, ás 20.30 horas, a asemblea na que se procederá á elección dos/as representantes do movemento asociativo no Consello Deportivo Municipal.
No censo electoral figuran un total de 56 entidades: 43 deportivas e 13 cuxo traballo tamén está vencellado ao ámbito deportivo. O proceso arrinca, precisamente, coa publicación do censo, que estará en exposición pública durante 10 días hábiles, contados a partir do 23 de decembro, para posibles alegacións. O censo definitivo publicarase a partir do 9 de xaneiro.
A mesa electoral constituirase na mesma xornada electoral, na que tamén poderán presentarse as candidaturas. Cada entidade estará representada pola persoa que ocupe a presidencia ou na que delegue, e poderá votar para elixir aos representantes do colectivo do que forme parte, é dicir, ou clubs deportivos ou asociacións vencelladas ao eido do deporte.