Deporte

Deporte

TOMA NOTA DOS CORTES DE TRÁFICO

1.917 deportistas de todas as idades volverán a correr este domingo polas nosas rúas nunha nova edición da 10k Carballo

Venres 2 de xuño do 2023

A 10k Carballo volve con forza! Este domingo daranse cita no noso concello un total de 1.917 deportistas de todas as idades para participar na undécima edición da carreira popular que unha vez ao ano converte as rúas da vila nun enorme circuíto de atletismo.

Coas inscricións xa pechadas, este ano a carreira de 10 quilómetros contará con 593 participantes, aos que se sumarán os 223 que tomarán parte no Campionato de Galicia de 10K en ruta, que se disputará de xeito paralelo. A proba de 4 quilómetros, que se celebra por primeira vez, tamén tivo unha boa acollida, xa que hai 92 atletas inscritos/as. En canto ás categorías inferiores, dende sub-18 ata biberón, en total reunirán a 1.009 nenos/as e mozos/as.

Carballo Deporte conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e da práctica totalidade das entidades deportivas locais para o desenvolvemento da carreira, que abrirá o mes do San Xoán.

Rúas afectadas

A celebración da carreira obrigará a pechar ao tráfico varias rúas, polo que estará prohibido o movemento de vehículos (agás en casos de urxencia, que debe poñerse en coñecemento da Policía Local). Estas son as afectadas:

De 9.30 a 13.45 horas:

  • Colón
  • Valle-Inclán dende o cruce coa Rosalía de Castro
  De 9.45 a 12.40 horas:
  • Cervantes
  • Colón  
  • Desiderio Varela
  • Gran Vía, desde Sol ata Doutor Fleming
  De 9.45 a 11.30 horas:
  • Gran Vía, dende Sol ata o seu remate
  • Vázquez de Parga, dende Portugal ata Camiño Novo
  • Camiño Novo
  • Fomento
  • Avenida de Fisterra, dende o inicio ata a intersección coa Avenida da Milagrosa
  • Ánxel Fole
  • Enrique Sánchez
  • Perú   
  • Luis Calvo
  • Castelao
  • Alexandre Bóveda
  • Río Anllóns
  • Río Sil
  • Río Lérez
  • Río Miño
  • Valle-Inclán
  • Colón
  • Desiderio Varela

Paradas de autobús

Así mesmo, de 8.30 a 11.30 horas quedará inhabilitadas a paradas de autobús situada na rúa Perú, e as dúas existentes na Vázquez de Parga en dirección á Coruña cambiarán para a beirarrúa de en fronte.

Vídeos

Compartir: