Deporte

Deporte

Escolares de 11 centros educativos da comarca de Bergantiños participaron na fase local da competición de campo a través

Martes 20 de decembro do 2022

758 dos/as 1.124 escolares inscritos/as acudiron á fase local da competición galega de campo a través disputada hoxe en Carballo. A proba reuniu a nenos e nenas dos colexios públicos de primaria A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo e Xesús San Luís Romero (Carballo), CEIP Canosa-Rus, Bormoio-Agualada e CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha) e IES Urbano Lugrís (Malpica).

A fase local de campo a través foi organizada polo Concello de Carballo en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A valoración foi moi positiva, tanto pola participación e pola deportividade coma polo tempo, que permitiu utilizar o espectacular circuíto habilitado na zona verde do polígono industrial de Bértoa. Aínda que foi preciso realizar moitos preparativos como consecuencia das intensas choivas do martes, sorprendeu a capacidade dos/as deportistas para adaptarse ao percorrido.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría benxamín feminina:

  1. Noa Lema Fernández (CEIP A Cristina)
  2. Sabela Castro Vázquez (CEIP Gándara-Sofán)
  3. Yesslynn Gutiérez Iglesias (CEIP Bergantiños)
 Benxamín masculino:
  1. Gael Méndez Abelenda (CEIP A Cristina)
  2. Hugo Castro Lado (CEIP A Cristina)
  3. Brais Bardanca Mallón (CEIP Bergantiños)
 Alevín feminino:
  1. Paula Gallego Martínez (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
  2. Julia García Remuiñán (CEIP A Cristina)
  3. Iris Rodríguez Martínez (CEIP Bergantiños)
 Alevín masculino:
  1. Lois Villar Castro (CPI Alcalde Xosé Pichel)
  2. Jaime García Soneira (CEIP Bergantiños)
  3. Enzo Pose Bértoa (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
 Infantil feminino:
  1. Shaila Rodríguez Rodríguez (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
  2. Cayetana Rodríguez Facal (CEIP Fogar)
  3. Noa Cabezas Martínez (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
 Infantil masculino:
  1. Hugo García Remuiñán (CEIP A Cristina)
  2. Mateo Pallas Cebral (CEIP Gándara-Sofán)
  3. Iker Romay García (CEIP Bergantiños)  
 Cadete feminino:
  1. Mónica Neira Villar (IES Urbano Lugrís)
  2. Mariña Díaz García (IES Urbano Lugrís)
  3. Sabina Mimbrena Garrido (IES Urbano Lugrís)
 Cadete masculino:
  1. Roi Soto Suárez (IES Urbano Lugrís)
  2. Adrián Pastoriza Blanco (IES Urbano Lugrís)
  3. Daniel Rodríguez Veiga (IES Urbano Lugrís)
O concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, fixo entrega dos premios aos/ás gañadores/as.

Compartir: