Deporte

Deporte

A PARTIR DE HOXE, NA PISCINA CARBALLO CALERO

187 socorristas, 122 absolutos e 65 cadetes, nos Campionatos de España por Comunidades Autónomas de Salvamento e Socorrismo

Venres 2 de setembro do 2022

Os deportistas compiten hoxe en Carballo

Os deportistas compiten hoxe en Carballo

Os Campionatos de España por Comunidades Autónomas de Salvamento e Socorrismo reunirán entre o venres e o domingo a 187 socorristas, 121 de categoría absoluta e 66 cadete, na piscina municipal Carballo Calero de Carballo e na praia do Orzán, na Coruña. É xusto a mesma participación que se deu nas edicións anteriores, que tiveron lugar en Castelló. Nesta ocasión trátase da trixésima da categoría absoluta e a segunda cadete.

A competición celébrase na piscina Carballo Calero

A competición celébrase na piscina Carballo Calero

A normativa de competición prevé a disputa de dúas probas coa presenza de socorristas de ambas as categorías, a de 4x50 metros relevo socorrista e a relevo ocean, que serán mixto absoluto-cadete e que puntuarán nas clasificacións dos campionatos.

Nos dous casos, os relevos están compostas por dous socorristas de categoría absoluta e dúas de categoría cadete e á súa vez por dous deportistas de cada sexo.

Oito comunidades autónomas (Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia e País Vasco) compiten nas dúas categorías con equipos masculinos e femininos, mentres que outras tres acoden unicamente con equipo absoluto, tamén masculino e feminino (Andalucía, Canarias e Cantabria).

A participación por sexos é case paritaria, xa que concorren un total de 96 socorristas en categoría masculina (51,34 %) e 91 en feminina (48,66 %). A participación feminina supera á masculina na categoría cadete (34 femininas e 32 masculina) mentres que na categoría absoluta competirán máis homes que mulleres (64 e 57 respectivamente).

Os territorios que máis socorristas achegan aos Campionatos de España son Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana e Galicia (24 cada un deles), seguidos de Cataluña (23), Castela e León (22), País Vasco (17), Comunidad de Madrid (14), Cantabria (12), Andalucía (10), Estremadura (9) e Canarias (8).

Presentáronse aos Campionatos de España un total de 38 equipos, 22 deles en categoría absoluta (11 masculinos e 11 femininos) e 16 en cadete (8 e 8, respectivamente).

Coincidindo coas competicións desenvolverase un curso para a obtención do diploma de árbitro e árbitra nacional coa participación quince aspirantes de seis Comunidades Autónomas.

Compartir: