Deporte

Deporte

Carballo acolle o dia 20 de agosto o II Clinic de Salvamento e Socorrismo para deportistas federados/as e técnicos/as

As ponencias correrán a cargo de David Orgeira, adestrador e técnico superior en Salvamento e Socorrismo, e Javier Teijeiro, fisioterapeuta carballés

Martes 16 de agosto do 2022

Despois do éxito da primeira edición, o dia 20 de agosto celebramos o II Clinic de Salvamento e Socorrismo Concello de Carballo, organizado a través da área de Turismo en coordinación coa de Deporte e de novo coa colaboración do Club Salvamento Virsal (Virgentis Salvamento Bergantiños).

A formación, dirixida a técnicos/as e deportistas federados/as, terá lugar na praia de Razo. O programa centrarase no obxetivo de, por unha banda, acadar una boa formación teórica no surfski de salvamento e, pola outra, na aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, quedando todo complementado, coma xa sucedeu no primeiro Clinic, dende o ponto de vista da fisioloxía deportiva e a recuperación terapéutica articular para a práctica de esta disciplina deportiva. Para iso contaremos con David Orgeira, adestrador e técnico superior en Salvamento e Socorrismo, e con Javier Teijeiro, fisioterapeuta carballés, que xa nos acompañou na primeira edición.

O departamento técnico da federación de salvamento Fessga enviou circular ós clubes galegos para proceder á inscrición dos interesados na actividade a través do enderezo electrónico infovirsal@gmail.com. O último día para achegar o formulario excel cuberto, por libre, será o 18 ás 23:59 horas, momento en que se dará por pechada a solicitude de prazas.

Compartir: