Evencio Ferrero ofreceu una recepción ao Basket Xiria en recoñecemento polo seu ascenso á Liga EBA
Mércores 25 de maio do 2022
A Escola Basket Xiria volve a facer historia esta temporada ao ascender á Liga EBA.
Hoxe dende o Concello de Carballo quixemos recoñecer o excelente traballo do equipo cunha recepción na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. Ámbolos expresaron o orgullo de contar cun representante como o Basket Xiria nas canchas do país e destacaron o gran labor de fomento do deporte que vén realizando Xiria dende a súa fundación. Ese recoñecemento materializouse non só en palabras, senón tamén a través da entrega dun carballo de Sargadelos como agasallo institucional.
O presidente do club, Primitivo Reguera, que estivo acompañado polo vicepresidente, Carlos Taibo, asinou no Libro de Honra do Concello, no que tamén deixaron as súas sinaturas os xogadores. Primitivo Reguera quixo facer constar, á súa vez, o recoñecemento do club ao Concello de Carballo polo seu apoio ao deporte en xeral e ao baloncesto en particular.
Moitos parabéns e forza Xiria!