Deporte

Deporte

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE A PARTIR DO 25 DE MAIO

O Concello incrementa de novo as axudas destinadas a financiar a actividade xeral das entidades deportivas

Mércores 11 de maio do 2022

A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria das subvencións anuais destinadas a apoiar a actividade que desenvolven as entidades deportivas do noso concello. O Concello de Carballo convoca cada ano tres liñas de axuda que contribúen, por unha banda, ao financiamento da organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España; por outra, á organización de eventos deportivos e actividades extraordinarias, e, finalmente, ao financiamento dos proxectos de actividades xeral das entidades. Esta terceira liña supón o groso das subvencións, pero este ano aínda máis, xa que a partida destinada a esta finalidade segue incrementándose ata acadar os 125.000 euros, un 20% máis que o ano pasado e un 34,93% máis que no 2019.

As bases foron publicadas o 13 de maio no Boletín Oficial da Provincia, e o prazo de solicitudes abre, como marca a lei, a partir da publicación do extracto da convocatoria:

  • Proxectos de actividade xeral
Data de inicio do prazo de solicitude: 25 de maio de 2022
Data de remate: 13 de xuño de 2022
  • Eventos deportivos
Data de inicio do prazo de solicitude: 26 de maio de 2022
Data de remate: 14 de xuño de 2022
  • Fases de ascenso e campionatos de España
Data de inicio do prazo de solicitude: 26 de maio de 2022
Data de remate: 14 de xuño de 2022

Dende a Concellaría de Deporte preténdese dar resposta ás necesidades do movemento asociativo derivadas da crise da COVID-19. Para o goberno municipal de Carballo, o asociacionismo deportivo é un piar básico para acadar un sistema deportivo máis participativo, amplo e diversificado, e nuns momentos de especiais dificultades para o desenvolvemento da actividade cómpre reforzar, na medida do posible, o apoio institucional.

O ano pasado financiamos 16 proxectos de actividade xeral doutras tantas entidades deportivas, ademais de catro fases de ascenso e outros catro eventos extraordinarios. Ás tres liñas de axuda hai que engadir as subvencións nominativas e as correspondentes ao uso das instalacións deportivas municipais, cuantificado nun valor económico próximo ao medio millón de euros, que son bonificados ao 100% polo Concello de Carballo.

Descargas

Compartir: