262 deportistas disputarán os días 22 e 23 en Razo o Campionato de España de Salvamento e Socorrismo
Representantes das federacións española e galega e do Concello de Carballo presentaron a competición, á que acudirán 33 clubs de toda España
Venres 16 de xullo do 2021
Daniel Vila, Javier Souto, Francisco Cano e Evencio Ferrero
A praia de Razo vai ser o escenario do Campionato de España de Verán de Salvamento e Socorrismo na categoría absoluta. Despois das probas infantil, cadete, xuvenil e júnior, que se disputarán en Laxe, a competición chegará ao noso concello os días 22 e 23. Hoxe presentamos o cartel coa participación de Francisco Cano Noguera, portavoz da Federación Española e director de prevención e seguridade; Daniel Vila Recarey, director deportivo da Federación Galega; Javier Souto Facal, coordinador de Protección Civil, que colaborará no desenvolvemento do torneo, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.
O campionato de salvamento e socorrismo reunirá en Razo a 262 deportistas (114 mulleres e 148 homes) de 33 clubs de toda España. “Recuperamos a participación previa á pandemia. O ano pasado apostamos pola competición e fixemos campionatos, pero loxicamente a inscrición foi bastante menor, e este campionato volve a cifras pre-pandemia”, subliñou Francisco Cano.
A competición comezará o xoves 22 ás 09:00 horas. O programa da primeira xornada é o seguinte:
- Eliminatorias e finais
- Sprint praia
- Relevo sprint praia
- Nadar surf
- Relevo salvamento con tubo de rescate
- Carreira con ski de salvamento
- Rescate con táboa de salvamento.
- Eliminatorias e finais
- Bandeiras
- Carreira con táboa de salvamento
- Oceanwoman / oceanman
- Relevo ocean
- Relevo ocean mixto
Daniel Vila, pola súa banda, destacou que na situación sanitaria actual extremaranse as medidas de prevención. Nese sentido, Francisco Cano apuntou que a Federación Española ten “un protocolo propio moi superior ao que se pide. Levamos máis de 30 competicións nacionais polas que pasaron máis de 9.000 deportistas, e de momento temos a sorte de non ter ningún problema nese sentido”.
CLUBS PARTICIPANTES
- Club Salvamento y Socorrismo Carballo - SYSCA
- Club Salvamento Sada – SASA
- Club Acuático Laracha – SAL
- Club Salvamento Ourense – SALVOUR
- Club Natación Cerceda
- Club Acuático Umia
- Club Salvamento Vilgarcía
- Club Salvamento Arteixo – SALVAR
- Club Salvamento Pontevedra - SAPO
- Club Natación y Salvamento Albasit
- Club Actividades Acuáticas Calatayud
- Club Actividades Acuáticas Calatayud
- Alcarreño de Salvamento y Socorrismo
- C. D. SOS La Bañeza
- Club Amics de Riudoms
- C.D.E Pacífico Salvamento
- Club Natación Top Ten Alicante
- Club A.C.N. Marisma
- Club Polideportivo Andorra
- Club Natación Benidorm
- Club Natación y Salvamento Oriol Imperial
- Club Natación Guadalajara
- Club Natación SOS Bétera
- Club Deportivo Oca S.O.S
- Club Salvamento y Socorrismo Benavente
- Club Salvamento y Natación Silla
- Club Deportivo Unión Esgueva SOSVA
- Club SVAT – Tarancón
- Club Deportivo Sirenas de Catarroja
- Club Natació Vila – Seca
- Club Deportivo Natación Aldaia
- Club Deportivo Shaka Surf Life Saving
- Club Natación Martianez