Horarios das instalacións municipais e carta de servizos deportivos a partir do 26 de febreiro
Sábado 27 de febreiro do 2021
Á vista das medidas preventivas da COVID-19 establecidas pola Xunta de Galicia na Orde do 25 de febreiro do 2021, a Concellaría de Deportes do Concello de Carballo adoptou as seguintes decisións:
- Establecer o peche nocturno das instalacións deportivas municipais ás 21:45 horas.
- Readaptar as actividades “Escola de natación 2020/21”e “Aquagym” mediante a creación de grupos de catro alumnos.
- Adaptar metodolóxicamente as actividades “Ximnasia de Mantemento” e “Natación Adultos” e transformalas en adestramento ou actividade deportiva individual con supervisión de monitor, cas seguintes características:
b) A actividade será individual.
c) O monitor prescribirá exercicio individualizado adaptado ás características de cada participante, que se irá readaptando conforme os seus progresos.
d) O monitor realizará correccións e indicacións de xeito individual para cada participante.