COVID-19
A partir do 17 de decembro reanúdanse as actividades nas piscinas que estiveran suspendidas durante o último mes
Mércores 16 de decembro do 2020
O 14 de novembro o Concello de Carballo aplicou aos servizos deportivos de oferta directa as restriccións acordadas pola Xunta de Galicia, suspendendo as actividades Escola de Natación 2020/21 e Aquagym e prohibindo o acceso ás piscinas a menores que no executasen actividade deportiva individual de xeito autónomo.
Á vista do acordo da Xunta de Galicia polo que o concello de Carballo pasa do nivel máximo de restricións ao nivel básico, a Concellaría de Deporte informa de que a partir do 17 de decembro recupéranse os servizos deportivos que quedaran suspendidos ou modificados, que son son seguintes:
- Escola de natación 2020/21 para nenos e nenas. Como consecuencia da reanudación desta actividade, a piscina Vila de Noia volverá a estar restrinxida para uso libre de 08:00 a 22:30 horas.
- Aquagym
- Apertura do vaso de chapoteo e acceso de menores acompañados polos seus pais/nais/titores.