Consulta aquí toda a información previa ao inicio da actividade da Escola de Natación 2020-21
Listaxes de admitidos/as, cambios de grupo, aprazamento da participación e baixas
Luns 28 de setembro do 2020
Foto de arquivo dun curso de natación
A Concellaría de Deporte iniciará o 5 de outubro a actividade da Escola de Natación 2020-21. Unha vez rematado o prazo de comunicación de baixas ou aprazamentos da participación para os nenos e nenas con renovación automática por ter participado no curso 2019-20, o Concello de Carballo abre un novo prazo, ata o 22 de outubro, para solicitar o cambio de grupo asignado ou o adiamento da participación, segundo as seguintes condicións:
- Na solicitude de cambio de grupo priorizaranse as solicitudes motivadas pola incompatibilidade co horario lectivo obrigatorio dos participantes e ca asistencia de irmáns, por esa orden, e a condición de que o cambio solicitado sexa posible atendendo ós criterios técnicos organizativos da actividade.
- Os participantes que opten por aprazar a participación e sigan sendo abonados ás instalacións deportivas municipais terán reservada a súa praza na Escola de Natación, podendo solicitar a reincorporación no curso 2021/22.
- As solicitudes de trocos de grupo e aprazamentos poden efectuarse vía rexistro telemático do Concello de Carballo, ó mail carballodeporte@carballo.gal ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte” na rúa Vila de Corcubión S/N.
Toda a información, así coma os apectos máis destacados do protocolo de prevención da COVID-19, poden descargarse máis abaixo.