1.291 persoas de todas as idades inician as actividades deportivas organizadas polo Concello de Carballo
A maiores, o 1 de outubro incorporaranse ás clases os/as participantes no programa de exercicio físico para maiores
Martes 10 de setembro do 2019
A natación é a actividade con máis demanda
Un total de 1.291 persoas participan este curso nas actividades deportivas dirixidas que organiza o Concello de Carballo a través da Concellaría de Deporte. Dende mañá e ata finais de xuño os/as monitores/as impartirán 5.972 sesións de actividade para grupos diversos en canto a modalidade deportiva ou idade, xa que entre os/as asistentes ás clases hai carballeses e carballesas de cero a noventa anos.
A oferta de actividades con monitor/a é a seguinte:
- Escola de natación infantil
- Natación para bebés
- Natación para embarazadas
- Escola de natación para adultos: iniciación e perfeccionamento
- Natación 3ª idade
- Acondicionamento físico
A maiores, o día 1 de outubro comezará o programa de exercicio físico para maiores tanto na vila coma nas parroquias, o que elevará ata preto das 2.000 as persoas participantes nas actividades de deporte e saúde promovidas polo Concello.