O volei regresa á praia de Razo cun completo programa de actividades que se estenderán ao longo de todo o verán
Xa podes desfrutar do deporte tanto por libre coma nas escolas que organiza a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte coa colaboración do Concello
Luns 8 de xullo do 2019
Aínda que o tempo non acompaña demasiado, o volei volve a estar presente este verán na praia de Razo cun completo programa organizado pola a Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte, en colaboración co Concello de Carballo. Como puideron comprobar o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, as redes están instaladas no areal carballés desde o 1 de xullo e dispoñibles para o público de 16.00 a 20.00 horas ata o 31 de agosto. Outra das opcións para practicar deporte son escolas de volei para todas as idades, a diario e de balde, de 17.00 a 18.00.
E, ademais, os días 10 e 11 de agosto disputarase unha nova edición, a número 12, do Torneo-Foliada Concello de Carballo, onde, ademais do campionato, haberá música, xogos sorpresa e unha paella para todos os participantes.
Toda a info e inscricións, en www.facebook.com/volei.razo e no teléfono 606 400 858.