Deporte

Deporte

Un total de 616 nenas e nenos remataron esta semana a campaña de natación promovida pola Concellaría de Deporte

As familias acompañaron aos peques nos distintos actos de entrega de diplomas

Venres 21 de xuño do 2019

Un dos numerosos grupos que participou nas exhibicións de clausura

Un dos numerosos grupos que participou nas exhibicións de clausura

Este ano tivemos a centos de persoas participando nas actividades deportivas dirixidas que organiza o Concello de Carballo a través da Concellaría de Deporte. A maior parte son usuarios e usuarias das piscinas que asisten ás diferentes actividades acuáticas, e esta semana tocou despedir o curso. Un total de 616 nenos e nenas remataron a campaña de natación infantil con varias xornadas de portas abertas na piscina do complexo deportivo Vila de Noia. Ata alí achegouse o primeiro día o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, para asistir, xunto coas familias, ao acto de entrega de medallas.

Ademais da escola de natación infantil, para nenos e nenas a partir de 0 anos, a oferta de actividades con monitor/a do Concello de Carballo tamén inclúe natación para adultos, natación terapéutica, natación para a terceira idade, aquagym, natación para embarazadas, ximnasia de mantemento para adultos/as e exercicio físico para maiores.

Compartir: