Formalizado un novo convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Un Paso Máis
O Concello achegará 3.000 euros para contribuír ao financiamento das escolas deportivas de equitación e pádel
Luns 26 de novembro do 2018
Marcos Trigo, Manuel Cantelar e Evencio Ferrero, na Alcaldía
O Concello de Carballo financia con 3.000 euros o programa de actividades deportivas desenvolvidas pola Agrupación Deportiva Un Paso Máis, tal como figura no convenio asinado polo alcalde, Evencio Ferrero, e o presidente da asociación, Manuel Cantelar. Ao acto asistiu tamén o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.
Deste xeito, tal como aprobou a Xunta de Goberno Local, o Concello de Carballo contribúe cunha subvención nominativa ao desenvolvemento do programa deportivo da asociación, en concreto para as escolas inclusivas de equitación e pádel.