Deporte

Deporte

Aberto ata o 11 de xullo o prazo de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais

Consulta as bases completas aquí

Martes 26 de xuño do 2018

As entidades deportivas e/ou educativas do concello xa poden solicitar o uso das instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento da súa actividade. A convocatoria de asignación de usos está aberta desde mañá ata o 11 de xullo. O obxectivo desta liña de axudas é facilitar ás entidades as instalacións axeitadas para a realización de adestramentos, competicións e eventos deportivos. Este ano poñemos a disposición dos/as interesados/as un total de 11 instalacións.

Lugar e prazo de solicitudes

  • O prazo de solicitudes será de 15 días naturais, a partir do mércores 27 de xuño ata o 11 de xullo incluído.
  • As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, en calquera dos rexistros auxiliares ou a través do rexistro telemático.

Instalacións deportivas

Complexo deportivo Vila de Noia

  • Pavillón
  • Piscina. 
Complexo deportivo Carballo Calero
  • Pavillón
  • Piscina
Complexo deportivo As Eiroas
Campos de fútbol
  • Campo de fútbol de O Carral
Instalacións deportivas conveniadas cos centros educativos
  • Pavilón do CEIP FOGAR
  • Pavillón e ximnasio do CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO
  • Pavillón do CEIP NÉTOMA RAZO
  • Pavillón do IES MONTE NEME
  • Pavillón do IES PARGA PONDAL  

Descargas

Compartir: