Deporte

Deporte

TOMA NOTA DAS RESTRICIÓNS DE TRÁFICO DURANTE A CARREIRA

A participación na 10K vai a máis, e este domingo tomarán a saída un total de 1.368 corredores e corredoras

O servizo de entrega de dorsais estará operativo o sábado de 10.00 a 14.00 horas no primeiro andar do Mercado Municipal e o domingo a partir das 08.00 horas

Sábado 16 de xuño do 2018

Foto de arquivo dunha das carreiras da 10K

Foto de arquivo dunha das carreiras da 10K

Xa está todo a punto para a 10K, a carreira popular do Concello de Carballo, que cada ano é máis popular. As cifras falan por si soas. Na proba absoluta participarán 730 deportistas, superando os 709 que tomaron a saída na pasada edición, e nas categorías inferiores acadamos os/as 638 participantes, a cifra máis alta dos sete anos de historia da 10K. En total formalizaron a inscrición 1.368 persoas.

O servizo de entrega de dorsais estará operativo durante a mañá do sábado, de 10.00 a 14.00 horas, no primeiro andar do Mercado Municipal, e o domingo a partir das 08.00 horas. A saída da primeira carreira darase ás 10.00 horas. Tanto os horarios coma os percorridos de cada categoría poden consultarse na imaxe inferior.

Debido á celebración da 10K verase afectada a circulación rodada en varias rúas. A Policía Local elaborou un cartel informativo que está a ser distribuído polas rúas afectadas e no que se recollen as prohibicións de acceso e desestacionamento de vehículos agás en casos de urxencia, que deberán ser comunicados á propia policía para que os movementos se realicen coa debida seguridade.

Horarios e vías afectadas

  • De 09.45 a 13.15 horas: rúas Colón e Valle Inclán a partir do cruce coa Rosalía de Castro.
  • De 09.45 a 12.40 horas: rúas Gran Vía (ata o cruce con Doutor Fleming), Doutor Fleming, Desiderio Varela, Colón e Cervantes.
  • De 10.45 a 12.120 horas: rúas Gran Vía, Vázquez de Parga (dirección A Coruña e desde o cruce con Emilia Pardo Bazán ata o remate en dirección a Fisterra), Ánxel Fole, Enrique Sánchez, Perú, Luis Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, avenida de Fisterra, Fomento, Camiño Novo, Río Anllóns (ata cruce con Río Sil), Río Sil, Río Lérez e Río Miño.



Galería

Compartir: