Deporte

Deporte

AXENDA DEPORTIVA FIN DE SEMANA

O Trofeo Concello de Carballo volve a reunir este sábado ao futuro do ciclismo galego

Bótalle unha ollada ás principais citas dos clubs locais

Venres 25 de maio do 2018

SÁBADO

Marcos Trigo, Vanesa Loureiro, Juan Seoane e Evencio Ferrero presentaron o cartel do trofeo

Marcos Trigo, Vanesa Loureiro, Juan Seoane e Evencio Ferrero presentaron o cartel do trofeo

TROFEO CONCELLO DE CARBALLO DE CICLISMO (RÚA GRAN VÍA, 16.30 HORAS)
O Club Ciclista Carballo, en colaboración co Concello de Carballo e a Federación Galega de Ciclismo) organiza o Trofeo Concello de Carballo de ciclismo para as categorías escolas e cadete masculina e feminina.

Horarios

  • Cadetes, 16.30. Os ciclistas deberán completar un percorrido por estrada de 3 voltas entre Carballo, Coristanco, Rus e Carballo.
  • Alevíns, 18.20: circuíto urbano de 4 voltas.
  • Infantís, 18.40: circuíto urbano de 12 voltas.
  • Principiantes, 18.20: xincana na Praza do Concello e unha volta a un circuíto de 800 metros pola rúa Doctor Fleming.

COPA BERGANTIÑOS DE PREMINIBASKET E MINIBASKET (PAVILLÓN MUNICIPAL DA LARACHA, 9.30 HORAS)
O CB Artai e o Basket Xiria disputan este sábado na Laracha a Copa Bergantiños de preminibasket e minibasket.

COPA DA COSTA DE FÚTBOL (O CARRAL, 17.00 HORAS)
O Sofán recibe ao Corme no partido de volta de cuartos de final da Copa da Costa.

FÚTBOL BASE
Coa actualidade futbolística centrada no partido de volta do playoff de ascenso a Segunda B que disputarán o domingo nas Eiroas o Bergantiños e o Cirbonero, no cadro adxunto atoparás as outras citas da fin de semana para as categorías inferiores do club carballés.

PARTIDO POLO TERCEIRO POSTO DA SEGUNDA AUTONÓMICA SÉNIOR FEMENINA DE BALONCESTO (PAVILLÓN VILA DE NOIA DE CARBALLO, 18.00 HORAS)
O Basket Xiria Vázquez y Reino ten que remontar cinco puntos ante o CB Allariz para acabar terceiro da Segunda Autonómica Femenina. O resto de compromisos de esta xornada para o club carballés, aquí.

FASE FINAL DA COPA INFANTIL FEMININA DE BALONMÁN (ARTEIXO)
A piques de rematar a tempada, a cita máis importante da xornada para o Balonmán Xiria é a disputa o sábado en Arteixo da Fase Final da Copa Infantil Feminina, na que loitará polo título o Punta del Este. Semifinais: – Parrillada La Ronda RC Arteixo–Encaixe Camariñas (Pavillón Municipal de Galán, Oseiro-Arteixo, 10.30 horas). – Punta Del Este Xiria–Bm Lucus (Pavillón Municipal de Galán, Oseiro-Arteixo, 12.00 horas).
3º – 4º posto: 17:00.
Final: 18:30.
O resto da xornada, pinchando aquí.

PARTIDO DE IDA DAS SEMIFINAIS DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL DE HÓCKEY (PAVILLÓN CARBALLO CALERO, 18.50 HORAS)
A cita máis importante da xornada para a Escola Lubiáns e o partido de ida das semifinais da Copa Federación que disputará o equipo xuvenil do club carballés contra o Dominicos A. Os outros partidos da fin de semana para a Escola, na imaxe adxunta.

DOMINGO

FINAL A CATRO DA COPA CORUÑA SÉNIOR DE BALONCESTO (PAVILLÓN VILA DE NOIA DE CARBALLO, DESDE AS 10.00 HORAS)
O pavillón Vila de Noia acollerá este domingo 27 de maio a fase final da Copa Coruña sénior de baloncesto, na que se enfrontarán o equipo anfitrión, Calvo Artai, Idefic (A Coruña), Irmandiños de Ferrol e o CB Laracha, campión dos catro grupos da liga de clasificación. O torneo está organizado pola Delegación Coruñesa de Baloncesto, o Concello de Carballo e o Club Baloncesto Artai.
Este é o programa de competición:

  • Semifinal 1: Calvo Artai-Idefic Imatia Básquet Coruña (10.00 horas). 
  • Semifinal 2: Irmandiños-Cervecería M3 Laracha (12.00 horas.)
  • Final: 17.00 horas. 
VOLTA DO PLAY OFF DE ASCENSO A SEGUNDA B ENTRE BERGANTIÑOS E CIRBONERO (AS EIROAS, 18.00 HORAS)
O Bergantiños debe remontar o 1-0 da ida para estar na seguinte rolda do playoff de ascenso. Autocares Pallas porá dous autobuses para levar domingo ás Eiroas aos afeccionados. Sairán ás 17.15 e 17.30 horas da Praza do Concello. O encontro será retransmitido pola TVG.

IV TRIATLÓN MENORES DE CEDEIRA (PRAIA DA MAGDALENA, 14.45 HORAS)
29 triatletas das escolas de base da AD Fogar participarán este domingo no Tríatlon de menores de Cedeira.

Compartir: