Deporte

Deporte

Xa está aberto o prazo de inscrición para a 10K, que se celebrará o domingo 17 de xuño

A carreira popular que organiza o Concello de Carballo é a segunda en puntuación do circuíto provincial, composto por un total de 30 probas

Luns 9 de abril do 2018

Xa podes inscribirte para a 10K, a carreira popular que organiza o Concello de Carballo desde hai oito anos. A cita será o domingo 17 de xuño, e as anotacións poderán realizarse ata o 13 de xuño ou ata acadar as 1.250 prazas nas categorías sénior e veteranos/as e as 750 o resto de categorías.

A 10k forma parte desde a súa creación do Circuíto provincial de carreiras populares Deputación da Coruña, composto por trinta probas. A cita carballesa é a segunda en puntuación de todo o circuíto, conseguindo superar a probas de gran tradición que levan máis de trinta edicións, o que confirma unha mellora continua que a convirte con tan só oito edicións nun referente do calendario atlético popular da provincia.

As inscricións poden materializarse dende o aloxamento web www.championchipnorte.com, e serán gratuítas para as categorías de base, mentres que para a carreira absoluta de 10.000 metros establécese unha cota simbólica de 2 €, ca que se agarda evitar inscricións de deportistas que logo non comparecen. Na edición 2017 anotáronse 1.941 deportistas de todas as categorías.

O circuíto de 10K segue a ser o das últimas edicións, homologado, e con récords masculino e feminino de 32:47 e 34:31 acadados por Abdelaziz Fatihi e Paula Mayobre.

Ligazóns



Galería

Compartir: