Xa podes consultar os resultados do sorteo público das 13 prazas dispoñibles para a Campaña de Inverno 2018
Os/as nenos/as seleccionados/as deben presentar a documentación canto antes nas oficinas da área de Deportes, na rúa Vila de Corcubión
Venres 19 de xaneiro do 2018
Con bastante público, sobre todo infantil, a última hora da tarde do xoves celebrouse o sorteo das 13 prazas das que dispón o Concello de Carballo para a Campaña de Inverno 2018, unha iniciativa da Deputación da Coruña que facilita aos nenos e ás nenas a práctica do esquí. No sorteo estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o técnico de Deportes, Manuel Varela Bardanca, e o funcionario municipal Vítor Recarei. O listado cos resultados pode descargarse ao final desta nova.
Este ano o destino é a estación de Cabeza de Manzaneda, e ao Concello de Carballo correspóndelle a primeira quenda, do 2 ao 5 de febreiro. Por ese motivo, as familias dos nenos e nenas seleccionados/as no sorteo público deben presentar a documentación á maior brevidade nas oficinas da área de Deportes do Concello de Carballo, situadas na rúa Vila de Corcubión.
Documentación
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titores do/a solicitante. A ficha pode descargarse ao final desta nova.
- Foto tamaño carné
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do carné de identidade ou do libro de familia
- A copia do aboamento da cota de inscrición tamén é imprescindible, pero farase cando a praza estea confirmada e a Deputación da Coruña publique na súa páxina web o número de conta no que debe facerse o ingreso.
- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.