Deporte

Deporte

Escola Lubiáns participa xunto aos mellores equipos de Galicia e Portugal o Torneo Eixo Atlántico de Hóckey a Patíns

O equipo infantil carballés estrearase o sábado ás 10.00 horas contra o H. C. Raxoi e ás 12.00 xogará contra o Valongo

Xoves 30 de novembro do 2017

Seis equipos galegos e outros tantos portugueses participan esta fin de semana no VI Torneo Eixo Atlántico de Hóckey a Patíns de categoría sub17. Entre os primeiros estará o Escola Lubiáns Garaysa, que representará ao Concello de Carballo nesta competición internacional.

Pero antes de que os equipos empecen a patinar sobre a pista, para mañá venres ás 20.00 horas está programada no Pazo dos Deportes de Riazor unha conferencia a cargo do técnico italiano Gianni Masari, que falará sobre os fundamentos técnicos do hóckey a patíns.

A fase previa da competición está formada por catro grupos de tres conxuntos cada un, que se repartirán entre o pavillón de Monte Alto e Riazor. Neste último escenario desenvolverase a segunda fase, á que pasarán os primeiros de cada grupo, mentres que os segundos e terceiros disputarán os postos comprendidos entre o 5º e o 12º. No documento adxunto podedes ver os horarios dos partidos.

Os primeiros enfrontamentos para o Escola Lubiáns Garaysa serán o sábado ás 10.00 horas contra o H.C. Raxoi e ás 12.00 contra o Valongo. En función dos resultados determinaranse os seguintes partidos.

Descargas

Compartir: