A fase local de campo a través reunirá este venres en Carballo a máis de medio millar de escolares
Cinco colexios carballeses e un de Arteixo confirmaron a súa participación
Martes 21 de novembro do 2017
Foto de arquivo de campo a través escolar
Carballo acolle este venres a fase local de campo a través, unha competición organizada polo Concello en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e a Federación Galega de Atletismo que trata de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable, ademais de difundir os valores da competición desde unha perspectiva máis regrada e de facilitar a práctica dunha modalidade con moita tradición.
Este ano contaremos coa participación de 515 nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade que estudan nos colexios carballeses A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Xesús San Luís Romero e no CEIP Galán de Arteixo. Os tres primeiros terán representación nas seis categorías establecidas: infantil, alevín e benxamín, tanto masculinas como femininas.
As probas comezarán ás 10.45 coa categoría infantil masculina, e as últimas serán as participantes na carreira benxamín feminina, que teñen programada a saída para as 12.00. O programa é o seguinte:
HORA CATEGORÍA
10.45 Infantil masculina
11.00 Infantil feminina
ENTREGA DE MEDALLAS CATEGORÍA INFANTIL
11.15 Alevín masculina
11.30 Alevín feminina
ENTREGA DE MEDALLAS CATEGORÍA ALEVÍN
11.45 Benxamín masculina
12.00 Benxamín feminina
ENTREGA DE MEDALLAS CATEGORÍA BENXAMÍN