Deporte

Deporte

Comeza a contar o prazo de 10 días para posibles alegacións

Concesión provisional de subvencións a entidades para o finaciamento de actividade deportiva durante o ano 2017

Mércores 9 de agosto do 2017

O Concello de Carballo publica a resolución relativa á concesión provisional de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento da súa actividade durante o ano 2017, de acordo coas tres liñas convocadas:

  1. Finaciamento de organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2017.
  2. Financiamento de organización de eventos deportivos e actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2017
  3. Financiamento de actividade xeral durante o ano 2017.
Coa publicación das resolucións, que figuran nos anexos, comezan a contar os 10 días de prazo hábiles para que as entidades solicitantes comuniquen ou ben o desestimento da solicitude, a reformulación ou o cambio de obxecto, ou ben para, se o estiman oportuno, presentaren alegacións. No caso de non formular desestimento expreso, a subvención considerarase aceptada tácitamente.

Resoltas as alegacións, se as houbese, concederanse con carácter definitivo as subvencións en materia de deportes pola Xunta de Goberno Local ou, no seu caso, pola Alcaldía. A resolución de concesión provisional non crea dereito ningún a favor da entidade beneficiaria proposta fronte ó Concello de Carballo mentres este non lle notifique a resolución definitiva de concesión.

Descargas

Compartir: