Deporte

Deporte

Reunión para preparar o dispositivo de seguridade para o partido Bergantiños FC-CD Badajoz

O Concello de Carballo instalará unha grada supletoria para facilitar a asistencia da afección ao partido do domingo

Xoves 18 de maio do 2017

Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Deportes e Bergantiños FC estiveron representados na reunión para preparar o dispositivo de seguridade de cara ao partido do domingo entre o equipo carballés e o CD Badajoz. O obxectivo da xuntanza, que tivo lugar pola mañá na casa consistorial, foi establecer as medidas precisas tanto para facilitar o acceso e o aparcamento como para garantir a seguridade no campo municipal das Eiroas.

Dada a expectación creada por este primeiro partido da fase de ascenso a Segunda B, que se disputará o domingo ás 17 horas, o Concello de Carballo instalará unha grada supletoria para facilitar a asistencia da afección. Dende Badajoz está previsto que se despracen ata a nosa vila un bo número de seareiros, e agárdase unha afluencia masiva de público carballés e bergantiñán.

Compartir: