Deporte

Deporte

O alcalde, Evencio Ferrero, acompañou ao deportista no acto que tivo lugar na Praza do Concello

O piloto carballés Fran Gómez presenta o seu equipo de rallys para o Dakar 2018

Domingo 30 de abril do 2017

Fran Gómez Pallas e Evencio Ferrero, na presentación do equipo

Fran Gómez Pallas e Evencio Ferrero, na presentación do equipo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, os patrocinadores e numeroso público acompañaron ao piloto carballés Fran Gómez Pallas na presentación do seu equipo de competición Indupanel Dakar Team co que afrontará unha nova  tempada de rallys en moto que terá como colofón a participación no Dakar 2018. O rexedor carballés calificou a Fran Gómez coma “un dos referentes galegos do deporte do motor, máis aló de Carballo e a Costa da Morte” desexándolle os mellores éxitos nesta nova andaina que comezará o día 7 de maio en Marrocos na primeira Dakar Series do circuito mundial. A presentación do equipo tivo lugar na Praza do Concello de Carballo. Fran amosou a motocicleta coa que competirá ao público e os afecionados que se achegaron á praza, así como o motorhome co que se desplazará nas probas co resto do equipo.

O proxecto Indupanel Dakar Team comezou a xestarse a finais do 2016 logo de que Fran Gómez quedase ás portas de tomar a salida na última edición do Dakar. A aposta este ano é “moito máis ambiciosa, pero tamén moito máis seria”. Fran Gómez conta cun equipo de apoio estable entre mecánico, preparador físico e xestión para centrar os esforzos en cumprir obxectivos. A principios de marzo foi recibido en Madrid polo presidente do Consejo Superior de Deportes, José Ramón Lete, quen se interesou polo proxecto deportivo de Fran Gómez e nas últimas datas está recabando o apoio de máis entidades que, ao coñecer o alcance do proxecto “non dubidan en respaldar ao equipo”. É o caso do Concello de Carballo que, como en edicións anteriores, respalda o proxecto do deportista carballés. “Síntome orgulloso e querido co respaldo do Concello. O ánimo que o alcalde e o seu equipo me están a dar son o mellor motivo para dalo todo na competición levando o nome da miña terra ao Dakar”.

Tres probas internacionais

Gracias ao apoio incondicional dos patrocinadores, Fran Gómez deseñou un calendario que incluirá tres probas de élite a nivel internacional. A primeira delas terá lugar entre o 7  e o 12 de maio en Marrocos, concretamente o Merzouga Rally, a máis relevante e esixente das competicións incluídas nas Dakar Series. Trátase de preto de 500 quilómetros, 100% fóra de pista, ao longo de seis días de competición baixo a mesma organización que o mítico Dakar.

O piloto carballés estrea moto

O piloto carballés estrea moto

Tras competir en África, Fran Gómez retorna aos adestramentos e a preparación da moto cos axustes que poida obter da experiencia no Merzouga Rally. O seguinte obxectivo será un clásico das probas fóra pista, o Rally Baja Aragón, que se disputará entre o 21 e o 23 de xullo, e no que Gómez Pallas persigue consolidar a súa pilotaxe entre os mellores privados do circuíto internacional.

O último dos retos da tempada é a séptima participación do carballés no Rally Dakar, que este ano cumplirá 40 anos de historia percorrendo paisaxes espectaculares de Perú, Bolivia e Arxentina. Trátase da proba máis dura do mundo dos Raids na que, ademáis de superarse a sí mismo, Fran Gómez terá que medirse a equipos e pilotos oficiais que manexan orzamentos doutro nivel.

Orzamento

Afrontar unha tempada con tres citas deste nivel require un esforzo económico sin parangón para un piloto privado, xa que o orzamento acada os 110.000 euros. Gómez Pallas competirá cunha moto nova, xa que nas anteriores edicións tomaba a saía no Dakar cunha motocicleta de competición, adaptada ao rally, pero usada. Según o carballés “vai a haber un salto de calidade, a moto é totalmente nova, preparada polo portugués Augusto Riveiro, un dos mecánicos con máis experiencia neste tipo de motos e probas”, sinalou. Trátase dunha Honda CRF-X de 450 centímetros cúbicos e 85 cabalos de potencia. A moto conta cunha adaptación especial para a competición cun chasis reforzado, protectores de fibra de carbono, cinco depósitos de combustible, carenado Dakar e equipamentos de navegación en carreira, entre outras preparacións.

O Indupanel Dakar Team conta co respaldo do Concello de Carballo e o patrocinio de firmas como Formas Inoxman, Garaysa, Yakart Autocaravanas, Bercom, Rodamoto, Desire, Rotulaciones Dessin, Visual K, Picamar e Aporta.

Compartir: