Deporte

Deporte

Nenas e nenos do CEIP Xesús San Luís Romero desafiaron á choiva para celebrar o Día da Educación Física na Rúa

O alumnado do último curso participou en distintos xogos na Praza da Milagrosa

Martes 25 de abril do 2017

A concelleira Milagros Lantes asistiu como espectadora aos xogos do alumnado

A concelleira Milagros Lantes asistiu como espectadora aos xogos do alumnado

Aos nenos e ás nenas do CEIP Xesús San Luís Romero non lles importou mollarse para celebrar o Día da Educación Física na Rúa, unha iniciativa que naceu no ano 2011 en Asturias e que nesta edición reuniu a máis de 33.000 alumnos/as de 296 centros de toda España. O San Luís Romero foi o único participante do noso concello. O alumnado de sexto curso cambiou por unas horas o colexio pola Praza da Milagrosa, na que, coa axuda súas profes, gozaron practicando diferentes xogos.

Os rapaces e rapazas desafiaron ao orballo, que por momentos caeu con bastante intensidade, para sumarse a unha actividade que pretende amosar a importancia da educación física para o desenvolvemento integral e integrado en todas as idades, fomentar a práctica de actividades que contribúen ao benestar físico, crear conciencia sobre a importancia do problema do sedentarismo, fomentar actividades de práctica pouco habitual, transmitir os valores asociados ao deporte e promover un aumento das horas da educación física no sistema educativo.

A concelleira Milagros Lantes sumouse á celebración asistindo como espectadora á divertida xornada lúdica na que participaron os alumnos e alumnas.

Ligazóns

Compartir: