Deporte

Deporte

O Concello de Carballo inviste preto de 80.000 euros para ofrecer ás entidades unhas instalacións seguras para a práctica deportiva

Asinado o contrato para a instalación dos novos pavimentos que facilitarán o uso dos pavillóns do IES Monte Neme e o CEIP Fogar fóra do horario lectivo

Xoves 9 de febreiro do 2017

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou hoxe cos representantes da empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos SL o contrato de subministración de pavimento deportivo para os pavillóns do IES Monte Neme e do CEIP Fogar. No acto tamén estivo presente o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.

O Concello cumpre deste xeito o compromiso acadado nos convenios de colaboración con ámbolos dous centros para que as instalacións deportivas poidan ser xestionadas polo Concello de Carballo fóra do horario lectivo coa finalidade de poñelas a disposición das entidades deportivas, que cada vez desenvolven una actividade máis intensa.

O Concello de Carballo investirá 78.529 euros nos novos pavimentos, adaptados á normativa europea sobre seguridade e confort do deportista. Así mesmo, o contrato inclúe o pintado de pistas para a práctica de diferentes modalidades deportivas. O prazo de subministración é de 45 días, polo que os pavillóns estarán dispoñibles en perfectas condicións moi pronto.

Compartir: