Deporte

Deporte

O prazo de solicitude de participación rematará o luns 13

A Deputación da Coruña organiza cursos de socorrismo acuático dentro do Plan de Emprego Local

As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse no 2º andar do Fórum Carballo

Mércores 8 de febreiro do 2017

A Deputación da Coruña, dentro do Plan de Emprego Local, impartirá os certificados de profesionalidade en socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas. A primeira acción formativa consta de 420 horas (340 teóricas e 80 prácticas), e a segunda será de 370 horas (290 teóricas e 80 prácticas).

O curso celebrarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña e na Casa da Auga, e as prácticas profesionais non laborais desenvolveranse en praias de distintos concellos. O 6 de marzo comezará a preparación dos/as participantes no curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais, mentres que o de instalacións acuáticas terá lugar despois da tempada de praias, probablemente en outubro.

O Concello de Carballo dispón de cinco prazas. As persoas interesadas poden inscribirse ata o luns 13, ás 14.00 horas, nas oficinas municipais do 2º andar do Fórum Carballo. Nos documentos adxuntos figura toda a información relativa ao proceso de inscrición e á selección das persoas participantes, así coma o calendario previsto para as dúas accións formativas.

Descargas

Compartir: