Club SYSCA-Salvamento e Socorrismo Carballo
O club de Salvamento e Socorrismo Carballo (SYSCA) nace en Maio de 1990, fundado polos monitores da piscina Municipal de Carballo. A súa fundación débese principalmente a que estes socorristas, ademais dos que desenvolvían esta función nas praias de Razo e Baldaio, necesitaban unha preparación específica axeitada.
Durante estes anos, o club desenvolveu as súas actividades en torno á formación de socorristas e á competición deportiva deste deporte en tódalas idades, acadando grandes resultados.