Asociación Deportiva Media Ducia
- R/ Chopos, 27 . 15102 - Carballo
A entidade ten como actividade principal a promoción do deporte entre os seus membros, acudindo e organizando diversos eventos ao longo do ano. Cabe destacar entre eles o ciclismo, nas súas versións de estrada e de montaña, participando en actividades populares como os distintos Días da bicicleta dos concellos da contorna, marchas BTT (Bicicleta Todo Terreo), ou incluso probas de resistencia. A asociación tamén participa en citas de atletismo -principalmente probas populares de media e longa distancia- e máis recentemente en triatlón.