Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz
As Escolas de Fútbol Luís Calvo nacen no ano 2001 co obxectivo de promover a práctica do fútbol e o fútbol sala nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A súa escola reúne cada ano a centos de rapaces ao redor destes deportes.
Dende o ano 2005 organizan o 'Torneo Internacional de Fútbol-7 Concello de Carballo', que xa ten reunido aos clubes de maior nivel galego, estatal e internacional, e goza de recoñecemento no ámbito estatal por ser un dos mellores torneos na súa modalidade.