Carballo BasketXiria
Carballo BasketXiria naceu no ano 1984 no seo da Asociación Deportiva Xiria cando a entidade decidiu incluír o baloncesto na súa oferta deportiva para os mozos e mozas. Na actualidade conta con dez equipos e fai fincapé na promoción do traballo coa canteira dende idades temperás, sempre coa filosofía de dar saída aos xogadores máis prometedores de Carballo e manter o traballo cos equipos de base cos principios de máxima calidade formativa e ambición competitiva.