INSCRICIÓNS DO 4 AO 13 DE OUTUBRO
A Universidade Sénior da UDC trae por segundo ano a Carballo o seu proxecto de democratización do coñecemento
Despois da excelente acollida da primeira edición, o 15 de outubro arrincará o segundo curso
Xoves 3 de outubro do 2024
O 15 de outubro botará a andar en Carballo a segunda edición do Proxecto de democratización do coñecemento, o programa de formación universitaria para maiores de 50 anos que promove a Universidade da Coruña (UDC) a través da Universidade Sénior.
O programa, que é gratuíto para as persoas participantes, consta de tres módulos con diferentes temáticas, con sesións teóricas, que se celebrarán de 17.00 a 19.00 horas no Fórum Carballo, e sesións prácticas en distintos espazos, todas elas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña.
MÓDULO I. ARTE E PATRIMONIO
- 15 de outubro. Unha mirada sociolóxica ao consumo e as prácticas culturais, con María Andrade Suárez.
- 16 de outubro. Do Renacemento ao Barroco a través da arquitectura dos mosteiros galegos, con Estefanía López Salas.
- 22 de outubro. A moda a través da historia, con Elvira Lezcano González.
- 23 de outubro. Saída cultural con Estefanía López Salas.
- 29 de outubro. I+D e Innovación en Galicia, con Alfonso Bravo Juega.
- 30 de outubro. Situarse no ceo: o ceo como guía, con Alsira Salgado Don.
- 5 de novembro. Ciencia con datos, con Salvador Naya Fernández.
- 6 de novembro. Saída de campo con Alsira Salgado Don.
- 12 de novembro. Factores de risco da demencia, con José Luis Rodríguez-Villamil Fernández
- 13 de novembro. Que é o edadismo? Reflexionando para acadar unha sociedade inclusiva, con Raquel Veiga Seijo.
- 19 de novembro. Augas termais e saúde, con Rosa Meijide Faílde. Entrega de diplomas.
- 25 de novembro. Saída de campo con Rosa Meijide Faílde.
O prazo de inscrición estará aberto do 4 ao 13 de outubro, e a matrícula poderá facerse tanto de maneira presencial coma online. A Universidade Sénior é un proxecto de formación universitaria específico, e neste caso conta co financiamento da propia UDC, da Xunta de Galicia e do Concello de Carballo.