Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Asociación Aspaber aposta pola formación dual adaptada para persoas con capacidades diferentes

Venres 17 de novembro do 2023

Aspaber está a levar a cabo un proceso de selección de 10 persoas para participar no novo curso 2023-2026 de formación dual para persoas con diversidade intelectual, no perfil de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”.

A asociación Aspaber, a través do seu centro especial de emprego, busca a cualificación profesional das persoas traballadoras con diversidade intelectual, nun réxime de alternancia da actividade laboral no centro especial de emprego coa formación recibida no marco do sistema de formación profesional. A través deste programa os alumnos/as recibirán formación teórico-práctica, cun contrato de traballo a media xornada. Ao finalizar o curso os aprendices recibirán o seu respectivo certificado de profesionalidade de nivel 1 (CP1-básico), que lles permitirá acceder e promocionar a outros cursos de nivel superior e dotaraos dunha maior capacitación para posibilitar unha inserción laboral. 

A metodoloxía que se aplica nesta iniciativa formativa, de “aprender a facer facendo”, facilita a adquisición de coñecementos, potenciando as capacidades e destrezas a nivel individual, adaptando os apoios e respectando o ritmo de aprendizaxe en función das características persoais de cada aprendiz. As persoas interesadas en recibir esta formación, e que teñan un grao de discapacidade intelectual igual ou superior ao 33%, poden recibir máis información chamando ao teléfono 981 702 606 ou escribindo á dirección de correo electrónico: aspaber@aspaber.com

Compartir: