Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Afaber converte en "protagonistas" a doentes e coidadores na Semana Mundial do Alzhéimer

A concelleira de Servizos Sociais asistiu ao acto de presentación do programa de actividades

Sábado 16 de setembro do 2023

O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzhéimer, cuxo lema este ano é Protagonistas para poñer en valor ás persoas con demencia e ás súas coidadoras.

A Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Bergantiños, Afaber, súmase á conmemoración e á reivindicación cunha serie de actividades que se desenvolverán entre o mesmo xoves 21 e o domingo 24 deste mes. Na presentación do programa, o presidente de Afaber, Jesús Villar, estivo acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Maica Ures.

PROGRAMA

Xoves 21

  • 10:00 a 13:00 horas, mesa informativa na rúa Coruña, con profesionais e membros da directiva de Afaber.
  • 21:00 horas iluminación nocturna do edificio da casa do concello e da Biblioteca Municipal Rego da Balsa.
Venres 22
22:00 horas, acto de homenaxe á directiva de Afaber, que se despide despois de moitos anos ao cargo.

Sábado 23
De 11:00 a 13:00 horas, xornada de portas abertas no novo centro.

Domingo 24
12:30 horas, misa na lembranza de doentes e familiares e acto conxunto de sensibilización No Alzheimer, eu tamén son protagonista, na igrexa parroquial de San Xoán Bautista. Actuará a Coral Ribeiras do Anllóns.

Vídeos

Compartir: