O Cabreiroá Júnior Pro Razo-Caión inclúe unha ludoteca para facilitar a conciliación durante a celebración do campionato de mundo de surf
Xoves 14 de setembro do 2023
O Cabreiroá Júnior Pro Razo-Caión aposta pola conciliación, e nesta primeira edición en Razo contará coa presenza dunha ludoteca. Esta iniciativa pioneira da Xunta de Galicia e a Consellería de Emprego e Igualdade, a través do Plan Corresponsables, é un éxito facilitando a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos asistentes ao evento como público, dos deportistas e dos propios traballadores.
Así, os máis novos poderán gozar dunha gran variedade de actividades dirixidas a fomentar o deporte. Levaranse a cabo bautizos de surf e skate, talleres de sustentabilidade, talleres ambientais e xincanas, entre outras moitas actividades.
A ludoteca do Cabreiroá Júnior Pro Razo-Caión abrirá as súas portas na praia de Razo o vindeiro mércores 20 de setembro e continuará operativa ata o domingo 24 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 polas mañás e de 16:00 a 20:00 polas tardes.