Un total de 140 nenos e nenas de tres centros escolares participarán o próximo curso no programa Concilia
Admitidas todas as solicitudes de praza para o servizo municipal de conciliación da vida laboral e familiar nos colexios Fogar, Bergantiños e Gándara-Sofán
Luns 21 de agosto do 2023
Todas as solicitudes presentadas para participar durante o curso 2023-24 no programa Concilia están admitidas. Son un total de 140: 65 para o colexio Bergantiños, 64 para o Fogar e 11 para o Gándara-Sofán. A cifra de usuarios/as incrementarase cos nenos e nenas que utilizan o servizo en días soltos. Neste caso, a solicitude está aberta durante todo o curso a partir do 12 de setembro.
No CEIP Nétoma-Razo non se acadou o número mínimo de matrículas para poñer o servizo en marcha, xa que só houbo catro. Desde a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade ofrécese a posibilidade de implantar o servizo en todos os centros públicos de infantil e primaria sempre que exista un mínimo de 10 solicitudes para o curso completo.
PROGRAMA CONCILIA
O Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
- En que consiste
- Servizos que comprende
- Horarios do servizo
No documento anexo poden consultarse as bonificacións concedidas.