Aberto o prazo para presentar as solicitudes dos bonos dixitais
Mércores 26 de xullo do 2023
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a cidadanía, código de procedemento AP400A.
A iniciativa, enmarcada no programa estatal ÚNICO Bono Social, permitirá a persoas ou familias vulnerables contratar ou mellorar a conexión á bandalonga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración mensualidade ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.
As persoas que soliciten os bonos deberán levar a cabo a contratación ou mellora dun servizo fixo de banda larga, cunha velocidade mínima de 30Mbps, a través dunha destas entidades colaboradoras.
Poden consultarse as entidades colaboradoras a través do rexistro de operadores colaboradores accesible nas seguintes ligazóns:
- https://amtega.xunta.gal/rexistro-operadores-bono-social (gal)
- https://amtega.xunta.gal/es/registro-operadores-bono-social (es)
Información sobre o procedemento
Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables - AP400A (nova)
Pódese ver mais información no documento “20230711 - Bonos dixitais.doc” Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables - AP400A (convocatoria)