Incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil
Venres 30 de xuño do 2023
Programa de incentivos á contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para a contratación mínima de 9 meses a xornada completa de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
O prazo está aberto do 30 de xuño ao 31 de xullo de 2023, e a tramitación ten que facerse telematicamente, a través da ligazón que atoparás de seguido.