Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

O Concello de Carballo convoca por terceiro ano unha liña de axudas ás familias para facer fronte ao custo da luz

Nas dúas primeiras convocatorias foron aprobadas un total de 211 achegas

Mércores 21 de xuño do 2023

Para o goberno municipal de Carballo, o acceso á electricidade é unha necesidade básica. Por iso, ante as necesidades detectadas e coa finalidade de evitar a existencia de pobreza enerxética no noso concello, dende o departamento de Servizos Sociais convocamos por terceiro ano consecutivo unha liña de axudas para que as familias que máis o precisen poidan facer fronte ao pago das súas facturas da luz.

Poderán acceder ás axudas as persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que estean empadroadas no noso concello cunha antigüidade mínima de seis meses, e que cumpran, ademais, algún dos seguintes requisitos:

  • Ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade, como mínimo durante os tres meses anteriores á convocatoria das axudas.
  • Recibir osixenoterapia domiciliaria polo menos durante seis meses antes da convocatoria das axudas.
  • Recibir tratamento de diálise peritoneal domiciliaria polo menos durante seis meses antes da convocatoria das axudas.

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun pago único. O prazo de solicitude está aberto dende o 21 de xuño ata o 5 de xullo. Na primeira convocatoria concedéronse axudas a 93 familias e o ano pasado, a 118.

Ligazóns

Descargas

Compartir: