Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Rede europea de loita contra a pobreza habilita no Fórum un punto de información sobre o ingreso mínimo vital

Martes 25 de abril do 2023

A Rede europea de loita contra a pobreza e a exclusión social (EAPN) puxo en marcha este mes unha campaña para informar sobre o ingreso mínimo vital e ofrecer apoio ás persoas que terían dereito a esta prestación pero que non a perciben por descoñecemento ou por non ter realizado a solicitude. A iniciativa desenvólvese en todo o territorio español, e dentro de Galicia escolléronse 11 puntos para prestar o servizo de asesoramento e acompañamento ás persoas interesadas: Vigo, Ribeira, Ramirás, Ponte Caldelas, Ourense, Lugo, A Coruña, Dumbría, Ames, Camariñas e Carballo.

No noso concello, o punto de tramitación do ingreso mínimo vital está situado no Fórum Carballo, onde haberá unha persoa de EAPN Galicia todos os venres, de 09.00 a 14.00 horas, para realizar labores de apoio na presentación da solicitude. O servizo estará dispoñible ata o 30 de xuño, e as persoas interesadas poden contactar a través ou ben no teléfono 615 357 210 ou no enderezo electrónico patricia.torreira@eapn.es.

Ligazóns

Compartir: