Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Bolsas de apoio a mulleres emprendedoras participantes no programa Ruraltivity

Luns 13 de marzo do 2023

A Fundación PepsiCo e FADEMUR (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais) convocan a 2ª edición de 10 bolsas PepsiCo en apoio a mulleres emprendedoras participantes no programa Ruraltivity no medio rural. 

O obxectivo é fomentar o emprendemento de mulleres en contornas rurais, apoiando e impulsando os seus proxectos de forma económica. Desta maneira contribúese a frear a desigualdade por razón de xénero presente na contorna rural, sendo ademais un foco imprescindible para evitar o despoboamento dos municipios rurais de España, impulsando proxectos que se desenvolvan nestas áreas, así como a substitución xeracional que necesita.

Requisitos dos proxectos

  • Creados e liderados por mulleres emprendedoras.
  • Deberán estar dentro da Plataforma Ruraltivity. Se aínda non  se está rexistrada pode facerse antes de solicitar a bolsa.
  • En fase de negocio, operando con anterioridade ao comezo da convocatoria.
  • Vinculados ao sector agroalimentario e á economía circular.
  • Desenvolvidos en áreas do medio rural de toda a península de Illas Canarias e Baleares.

Importe das bolsas

5.000 euros cada unha das 10 bolsas.

Lugar de presentación

Presentaranse os proxectos a través dun formulario web: Formulario de inscrición

Prazo de inscrición

Está aberto ata o 15 de abril de 2023 ás 23:54

Compartir: