Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Convocatoria das axudas do programa Iniciativa Xove para o ano 2023

Martes 7 de febreiro do 2023

Iniciativa Xove é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que consiste nunha liña de axudas pensada para que vós, os mozos e mozas, poidades desenvolver ideas que, transformadas en proxectos e iniciativas de interese, poidan reverter na mocidade actual e na nosa sociedade.Poderedes participar de dous xeitos: a través de grupos informais de mozos/as ou ben dende as asociacións xuvenís e entidades legalmente constituídas.As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre  a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través dos proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • Os grupos informais de mozos e mozas  que queirades desenvolver un proxecto de iniciativa xuvenil e que reunades os requisitos indicados na orde da convocatoria. O grupo terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e ademais deberedes de estar empadroados nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.
  • As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que esteades inscritas no censo oficial da dirección xeral.

Como se poden solicitar?

  • Tendes que tramitar a solicitude a través do procedemento da sede electrónica BS306B
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, xunto coa documentación establecida no artigo 10.1 (tanto as entidades asociativas como os grupos informais), 10.2 (só as entidades asociativas) e 10.3 (só os grupos informais).
  • Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
  • A non presentación do proxecto en prazo constituirá un defecto non subsanable e comportará a inadmisión a trámite da solicitude.

Onde podo informarme?

Na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no teléfono 981 544 866 ou no enderezo electrónico instituto.xuventude@xunta.gal

Ligazóns

Compartir: