Bolsas e axudas para desempregadas/os que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego
Luns 31 de outubro do 2022
A Xunta de Galicia convoca bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiadas pola referida consellería, código de procedemento TR301V, coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego, obradoiros de emprego e accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. Subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de novembro de 2022, día da entrada en vigor desta orde, e o 31 de outubro de 2023.