Afaber conmemora o Día Mundial do Alzheimer con tres días de actividades abertas a toda a cidadanía
Sábado 17 de setembro do 2022
María Vilariño, Jesús Villar e Mar Barca
A Asociación de familiares de persoas con alzheimer de Bergantiños (AFABER) unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, e que forma parte Federación Galega e a Confederación Española de Asociaciones de Familiares de Personas con Alzheimer e outras Demencias (CEAFA), conmemora o Día Mundial do Alzheimer con este programa de actos:
Martes 20 de setembro
- 19:45 Inauguración do Día Mundial do Alzheimer a cargo da concelleira de Servicios Sociais, Maica Ures, e o presidente de Afaber, Jesús Villar.
- 20:00 Charla Actuacións ante accidentes na poboación maior, a cargo de Francisco Javier Souto Facal, coordinador de Protección Civil de Carballo.
- 10:00 a 13:00 Mesa informativa situada na Rúa Coruña
- 21:00 Iluminación nocturna de cor verde da casa do concello e xuntanza na Praza do Concello
- 12:30 Misa recordo oficiada polo párroco de Carballo Don José García Gondar
- Acto de sensibilización na igrexa parroquial de San Xoán Bautista
A presentación do cartel cos actos conmemorativos do Día Mundial do Alzheimer tivo lugar o venres 16 de setembro no xardín traseiro do local de Afaber, coa presenza de Jesús M. Villar Antelo, presidente da asociación, e das integrantes da xunta directiva María Vilariño e Mar Barca.
As persoas que desexen máis información ou desexen poden poñerse en contacto con Afaber teñen á súa disposición os teléfonos: 981 758 545 e 625 980 691, así coma o enderezo electrónico afaber@xestion.net