Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

En marcha o proceso de selección de persoal docente e alumnado para o obradoiro de emprego “Fórum dual”

A preselección dos alumnos e alumnas realizouse dende o servizo público de emprego ente as persoas inscritas como demandantes de traballo

Martes 13 de setembro do 2022

O Concello de Carballo vén de poñer en marcha o proceso de selección do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro dual de emprego Fórum dual, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia cunha subvención de medio millón de euros.

As prazas son as seguintes: 

  • 1 director/a (xornada completa)
  • 1 mestre/a da especialidade de Cociña (xornada completa)
  • 1 mestre/a da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais - rama sanitaria (media xornada)
  • 1 mestre da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais - rama psicosocial (media xornada)
  • 1 mestre/a titor/a para impartir os módulos de educación básica, orientación e información profesional, formación empresarial e asesoramento e os módulos de formación complementaria (media xornada)
  • 1 auxiliar administrativo/a (media xornada)

O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles, desde o 13 ata o 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.

O obradoiro dual de emprego Fórum dual contará con dúas especialidades formativas, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e cociña, en cada unha das cales haberá 10 alumnos/as-traballadores/as. O período de formación abranguerá 12 meses.

Neste caso, o proceso arrincou coa preselección de candidatos/as por parte do Servizo público de emprego de Galicia, dende o cal saíron xa as correspondentes comunicacións postais a todos/as eles/as. Paralelamente, dende o servizo municipal de Formación e Emprego realizarase un envío de SMS a todos/as os/as aspirantes, que terán que superar, ao igual que o persoal docente, directivo e de apoio, un concurso-oposición. As bases detalladas de ámbalas convocatorias poden descargarse máis abaixo.

Ligazóns

Compartir: