Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

As concellerías de Mocidade e Igualdade impulsan novas accións de información sexual coincidindo coas festas

Persoal especializado ofrecerá información e diverso material nun stand que se colocará os días 18, 24 e 25 pola noite na zona da movida

Xoves 16 de xuño do 2022

Coincidindo coas festas de San Xoán, as concellarías de Mocidade e Igualdade volven a sacar á rúa o stand de información sexual. Despois da boa acollida que tivo a xornada que levamos a cabo o 11 de febreiro, tres profesionais con formación específica en igualdade e violencia de xénero volverán a estar no posto informativo que se colocará na zona da movida os días 18, 24 e 25 deste mes de xuño.

Esta nova campaña ten varios obxectivos:

En primeiro lugar queremos transmitir á mocidade a importancia de que vivan a emoción da noite e da festa sen abusos, sen acosos e con cabeza, para que teñamos unhas festas libres de agresións ou con agresións 0’0, como promoven as chapas e as pulseiras que se repartirán de balde entre as persoas que se acheguen ao stand.

En segundo lugar, nestas festas continuaremos coa campaña de divulgación sexual que iniciamos este curso nos institutos de secundaria e cuxos resultados reforzan a necesidade de achegar información rigorosa á mocidade. Así, o persoal do stand estará dispoñible para resolver calquera tipo de dúbida, e ademais realizarase un reparto masivo de paquetiños compostos por un preservativo, unha toalliña de hixiene íntima e un pequeno folleto no que se explican as vantaxes dese método de prevención das enfermidades de transmisión sexual e dos embarazos non desexados.

E, por último, queremos que o noso stand, que estará aberto de 23.00 a 02.00 horas, sexa tamén un punto de referencia e/ou apoio ante calquera situación de abuso que poida producirse, un punto ao que poderá dirixirse calquera persoa que se sinta acosada.

Compartir: