Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Aspaber presentou as conclusións do proxecto Erasmus+ Acadas

As entidades sociais demostran o seu dinamismo con dous actos paralelos de información e reivindicación

Íntegro, Apem, Cruz Vermella, Un paso máis e Xunta Local da AECC sumáronse á campaña X Solidario

Venres 22 de abril do 2022 Benestar

As entidades formaron un gran X na Praza do Concello

As entidades formaron un gran X na Praza do Concello

Da fortaleza e da vitalidade das entidades sociais do noso concello volvemos a ter unha boa mostra este venres. Ao tempo que Aspaber daba a coñecer no Fórum Carballo as conclusións do proxecto Erasmus+ Acadas, na Praza do Concello concentrábase unha representación de Íntegro, Apem, Un paso máis, Cruz Vermella e Xunta Local da Asociación contra o Cancro para presentar a campaña polo X Solidario na declaración da renda.

No acto celebrado na Praza do Concello, membros das cinco entidades participantes formaron un X como símbolo da campaña. Ao remate procederon tamén á lectura dun manifesto conxunto no que convidaron aos contribuíntes a marcar a casiña “Actividades de interese social” para contribuír, co 0,7% dos nosos impostos, á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan, “coa máxima transparencia na súa xestión a través das diferentes convocatorias da Xunta de Galicia: Política Social, Igualdade e Sanidade”. Nese sentido, as entidades volveron a pedir á Xunta de Galicia “que reduza a burocracia o máximo posible e unifique todas as convocatorias nunha soa”.

A presentación das conclusións do proxecto Acadas foi moi concorrida

A presentación das conclusións do proxecto Acadas foi moi concorrida

Ao mesmo tempo, no Fórum Carballo comezaba o acto de presentación das conclusións do proxecto Erasmus+ Acadas coas intervencións da xerente da Asociación Aspaber e directora do centro educativo, Dolores Fernández; o xefe territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, e o alcalde, Evencio Ferrero. De seguido, as mestras Susana Villar Silván, Sara Pombo Trigo e Valvanuz Coterillo Frias expuxeron o proxecto, as conclusións acadadas e os pasos a seguir para o futuro, que podes ver no documento anexo.

Descargas

Compartir: