Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Concellaría de Igualdade e ALAS Coruña ofrecen formación en diversidade LGTBI

Alumnado de 3º e 4º cursos da ESO do IES Alfredo Brañas participou hoxe na última sesión

Martes 25 de xaneiro do 2022

Formar ao alumnado con respecto á terminoloxía especifica e á realidade das persoas LGTBI no contexto educativo para previr posibles casos de acoso ou discriminación é o obxectivo xeral da formación en diversidade LGTBI que está a ofrecer a Concellaría de Igualdade, a través da asociación ALAS Coruña, a estudantes de 3º e 4º cursos da ESO do IES Alfredo Brañas.

A actividade consta de oito sesións que se celebraron entre o martes pasado e hoxe. O traballo nas aulas consistiu no coñecemento de terminoloxía básica sobre orientación sexual, identidade ou expresión de xénero; o uso de linguaxe inclusiva, recomendacións para “saír do armario”, recoñecemento da discriminación e consecuencias do acoso LGTBIfóbicos. O traballo realizouse en grupos reducidos, utilizando distintos materiais de apoio.

O obxectivo deste tipo de formación, que dende a Concellaría de Igualdade ponse a disposición de todos os centros interesados, é que fomentar no alumnado o respecto á diversidade sexual e de xénero a través do coñecemento e conseguir que sexa quen de identificar as situacións de discriminación por ese motivo.

Ligazóns

Compartir: