Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Concello e Deputación renovan o convenio anual para o mantemento da Unidade de Condutas Adictivas

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, achegouse hoxe á sede da institución provincial para asinar o acordo

Venres 29 de outubro do 2021

Evencio Ferrero e Valentín González, hoxe, na Deputación da Coruña

Evencio Ferrero e Valentín González, hoxe, na Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña volverá a contribuír este ano con 30.000 euros ao mantemento da Unidade de Condutas Adictivas (UCA) de Carballo. Esta achega provincial articúlarase a través do convenio que hoxe asinaron, na sede da institución provincial, o presidente Valentín González Formoso e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

O presidente da Deputación subliñou que o convenio “contribúe a manter un centro que da servizo a 15 concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, e que o ano pasado axudou a 457 persoas” a abandonar os hábitos tóxicos. Pola súa banda, o alcalde de Carballo agradeceu a colaboración que desde hai moitos anos vén prestando a Deputación para o sostemento do centro.

Ademais de Carballo, a UCA dá servizo a Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría. No centro, situado no edificio do antigo ambulatorio, ofrécense servizos de tratamento e prevención de consumo de drogas e alcohol, adiccións, programa de incorporación social personalizada, actividades de investigación, docencia e coordinación con outros servizos sanitarios e sociais coma centros de saúde, centros penitenciarios ou servizo de psiquiatría do CHUAC.

No seu cadro de persoal, a Unidade de Condutas Adictivas conta con médico, enfermeira, psicóloga, traballadora social e persoal administrativo para prestar unha atención integral aos usuarios e usuarias, tanto no eido médico coma no psicolóxico e social.

Compartir: